O BNG pide máis fondos á Xunta para o SAF e rexeita a macrocelulosa de Altri

Presentou ao pleno provincial propostas para reforzar a atención á dependencia e opoñerse ao proxecto industrial en Palas de Rei

A portavoz nacionalista na Deputación de Lugo, Iria Castro e o vicepresidente da Deputación e deputado nacionalista Efrén Castro lamentaron que o Partido Popular e Partido Socialista non apoiaren a proposta, que evidencia o impacto no territorio, no medio natural e no patrimonio da macrocelusosa. Foto GPBNG.

A Deputación de Lugo instou á Xunta de Galicia a incrementar a aportación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), pasando de 12 a 20 euros por hora, e a reforzar os equipos de valoración da dependencia. A proposta, impulsada polo BNG, foi aprobada no pleno provincial celebrado este martes. Durante a sesión, destacou o deterioro do servizo, cunha espera media de 378 días para tramitar a dependencia, e a insuficiencia de recursos para os concellos.
A voceira nacionalista, Iria Castro, sinalou que o actual financiamento é insostible e recalcou a presión que soportan as traballadoras sociais e as do SAF, “que desenvolven un labor crucial en condicións precarias”. Ademais, criticou o voto en contra dos deputados do Partido Popular, cualificándoo de “deslealdade cara aos seus propios concellos e ás familias usuarias”. Castro lembrou tamén os recortes aplicados polo goberno de Mariano Rajoy e acusou á Xunta de eludir a súa responsabilidade, afirmando que 2.703 maiores continúan esperando valoración.
Nun segundo punto da orde do día, o pleno tratou unha moción presentada polo BNG para ratificar o rexeitamento da Deputación ao proxecto de construción da macrofactoria de celulosa de Altri en Palas de Rei. O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, destacou o impacto negativo que a planta podería ter no medio natural e no patrimonio, así como a oposición cidadá manifestada en Santiago de Compostela, nunha protesta convocada polos colectivos Ulloa Viva e Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
Castro lamentou que PP e PSOE non apoiasen a moción e reivindicou a mobilización democrática como un reflexo do rexeitamento social á industria de enclave que, segundo afirmou, responde a intereses económicos alleos aos do territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nada se sabe

Seguinte Nova

Besteiro reivindica o liderado socialista no avance das infraestruturas galegas

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss