O conselleiro do Mar visitou a empresa Piscilor, líder na produción de troita en Galicia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a súa visita ás instalacións de Piscilor. Foto GPXG..

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, realizou unha visita ás instalacións da empresa Piscilor, situadas nas beiras do río Lor, no concello de Quiroga. Fundada en 1979, esta empresa familiar consolidouse como unha das principais produtoras de troita en Galicia, alcanzando no ano 2024 unha produción de 218 toneladas. Alfonso Villares resaltou o papel destas iniciativas na dinamización económica das zonas rurais, aproveitando os recursos naturais de forma sostible.
O conselleiro destacou que a produción acuícola supera actualmente á pesca extractiva, amosando un alto potencial de crecemento. Fixo fincapé nos esforzos da Xunta por apoiar o sector mediante diversas liñas de axuda publicadas este mes de xaneiro no DOGA. Estes programas, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, supoñen un investimento total de 82 millóns de euros.
O 80% destinarase ata 2027 á mellora das instalacións acuícolas, buscando incrementar a produción en cantidade e calidade, ademais de reforzar a sostibilidade e as condicións de seguridade dos traballadores. Así, a Xunta de Galicia preténde garantir a competitividade e o desenvolvemento sostible dun sector clave para a economía galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga pecha o 2024 cun récord histórico no turismo local

Seguinte Nova

Xosé Estévez, próximo a ser nomeado Fillo Predilecto de Quiroga

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss