O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra avanza na execución dos seus proxectos parao año 2025

Entre os puntos destacados da última xuntanza en Chandrexa de Queixa, aprobáronse orzamentos e novos contratos que impulsan a dinamización do destino. Foto GPCTRS.

O pasado mes de decembro, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra celebrou a súa última sesión plenaria do 2024 no Concello de Chandrexa de Queixa, onde se aprobaron por unanimidade varios asuntos clave para o desenvolvemento do destino. Entre as decisións tomadas, destaca a aprobación do orzamento para o exercicio 2025, que ascende a 220.400 €, unha contía que se verá complementada polos fondos do Plan de Sostibilidade 2020-2025 e o novo Plan 2024-2026, cunha achega de 2 millóns de euros para promover o desenvolvemento sostible en varios eixos.
A sesión tamén deu luz verde a tres contratos importantes, incluíndo a contratación dun servizo para o acondicionamento dunha rúa en Quinta do Monte, no Concello de Esgos, que forma parte das actuacións de embelecemento de núcleos do Plan de Sostibilidade. O valor estimado desta obra ascende a 24.793,39 €.
Tamén se aprobou a contratación de dous técnicos en turismo para apoiar as tarefas do Consorcio, cun orzamento de 75.000 € para o período de 17 meses. Outro dos puntos tratados foi o proxecto piloto de sinalización intelixente en Ribeira Sacra, que inclúe a creación dunha aplicación móbil para mellorar o acceso aos recursos turísticos da zona, cunha licitación de 39.876,03 €.
Ademais, informouse sobre as xestións co Bispado de Lugo para mellorar a accesibilidade ás igrexas románicas da zona, e sobre a concesión dunha subvención para o proxecto «Estratos na terra», que busca preservar as técnicas tradicionais de construción na Ribeira Sacra.
O alcalde de Chandrexa de Queixa deu a benvida aos asistentes, destacando a importancia de que o seu concello forme parte deste consorcio. A sesión finalizou cun xantar e brindis de Nadal, con todos os membros do Consorcio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP esixe o cumprimento dos compromisos da Deputación coa apertura dos 9 centros de maiores asinados

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo e o Consorcio da Ribeira Sacra renovan o seu convenio de colaboración

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss