
A Rede de Transporte Público de Galicia conta cun servizo de autobús a demanda que conecta A Pobra do Brollón con Monforte. Este servizo opera de luns a venres, con saída ás 10:49 horas desde a parada de Avenida de Galicia, situada diante do Banco Bilbao, e regreso ás 19:00 horas desde a Estación de Autobuses de Monforte.
Para poder utilizar este transporte, é imprescindible realizar unha reserva antes das 19:00 horas do día anterior chamando ao número 988 687 800. Ademais, para obter información máis detallada sobre prezos, posibles bonificacións e outras liñas de autobús que tamén pasan polo concello, recoméndase consultar a páxina oficial do servizo en bus.gal.•





