Os senadores lucenses do PP critican dende Rubián a falta de avances no AVE para Lugo

José Manuel Arias, reivindicou “investimentos” na estación de Rubián e que “pare algún tren” e criticou que os actuais investimentos “non redundan en beneficio do pobo. Foto GPPP.

Os senadores do Partido Popular por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, criticaron este xoves en Bóveda a xestión do Goberno en materia ferroviaria. Na súa comparecencia na estación de Rubián, lamentaron que as respostas oficiais ás súas preguntas no Senado non aclaren a posta en marcha das lanzadeiras desde Lugo ao AVE en Ourense, anunciadas polo Ministro Puente. Ademais, sinalaron que non se precisan as reducións nos tempos de viaxe tras os investimentos realizados na liña Lugo-Ourense, xa que “os tempos seguen practicamente iguais”.
O acto contou coa presenza do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, quen reclamou maiores investimentos para a estación de Rubián e pediu que “pare algún tren” para conectar mellor o municipio con Lugo e outras localidades. Arias expresou o seu descontento ante a falta de resultados directos para a veciñanza a pesar das obras realizadas.
Os representantes populares lembraron que Lugo segue sendo unha das poucas capitais de provincia españolas sen servizos de alta velocidade ferroviaria.
Ademais, denunciaron que os enlaces co AVE en Ourense, única alternativa dispoñible, son insuficientes e frecuentemente afectados por incidencias, atrasos e avarías.
Segundo destacaron, a chegada do AVE a Lugo depende da construción de variantes ferroviarias fundamentais, como as de Os Peares-Canabal e Rubián, así como de melloras no trazado e da instalación de tensión eléctrica suficiente para permitir a circulación de trens de alta velocidade. “A falta de vontade do Goberno para executar estas actuacións evidencia unha clara discriminación cara á nosa provincia”, concluíron.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Nadal do sur de Lugo, en imaxes

Seguinte Nova

Bóveda estrea dúas novas casas do maior con atención gratuíta

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss