
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, visitaron as melloras realizadas no centro de día público e na escola infantil do municipio. No centro de día, elimináronse chanzos, renovouse o pavimento para evitar acumulacións de auga e cubriuse a entrada, con obras que ascenderon a 55.000 euros. No interior, renovouse o lucernario e cubríronse patios para illar mellor o edificio.
Na escola infantil substituíronse o pavimento e os elementos de carpintería para mellorar o illamento e combater a humidade, cun investimento de 9.000 euros. Durante a visita, Rodríguez tamén participou nas actividades de Nadal cos usuarios do centro, desexándolles un próspero ano novo.•





