
A Oficina de Turismo de Quiroga e os seus museos acadaron no 2024 un rexistro histórico de visitantes. Preto de 6.500 persoas visitaron os Museos Xeolóxico e Etnográfico, sumando 3.660 e 2.873 visitas, respectivamente. Estas cifras, as mellores dende a apertura dos espazos, atribúense a programas como “Coñece os Museos de Quiroga” e a súa inclusión en actividades escolares e iniciativas como “Descubrir Quiroga”, segundo indicou o concelleiro de Turismo, Vicente Parra.
Dende a súa creación, o Museo Xeolóxico acumula 28.540 visitantes e o Etnográfico, que abriu en 2007, suma 30.216, alcanzando preto de 64.000 visitas entre ambos. A Oficina de Turismo, pola súa parte, rexistrou a atención de 3.624 persoas, maioritariamente procedentes de Madrid, Barcelona e Galicia. Ademais, destacou o incremento da interacción dixital, con 111.429 visualizacións na conta de Instagram turismoquiroga, creada en 2024, e 26.786 visitas á páxina web.•