
O pasado 12 de decembro, a Xunta de Goberno Local do Concello de Quiroga aprobou iniciar o expediente para nomear a Xosé Estévez Rodríguez como Fillo Predilecto de Quiroga. Esta iniciativa, promovida polo BNG, recoñece a contribución do historiador á cultura e historia do municipio.
Entre os méritos destacados figuran a súa produción literaria, con obras como O val de Quiroga e Galiza: na saudade do corazón, fundamentais para comprender a historia local e a memoria colectiva do territorio. Ademais, a Ruta literaria: Quiroga territorio literario leva a súa sinale de identidade, recoñecendo autores como Manuel María, Uxío Novoneyra e Ernesto Guerra da Cal, entre outros. A súa contribución foi clave na creación deste espazo cultural.
Recentemente, Xosé Estévez doou ao Concello a súa biblioteca persoal de libros en galego, engadindo centos de exemplares ao patrimonio literario municipal. Segundo o regulamento vixente, o acordo final para o nomeamento deberá ser aprobado por maioría absoluta no Pleno Municipal.•