
A Casa das Arsenias, que fora devastada por un incendio, xa foi rehabilitada para albergar cinco apartamentos de alugueiro social destinados a mozos e mozas, co obxectivo de revitalizar o casco histórico de Sarria. O proxecto iniciou en 2021 co encargo do grupo de goberno para a súa rehabilitación e a solicitude dunha subvención ao IGVS, que concedeu 295.206,88 €, cubrindo o 90 % do custo inicial.
A pesar de que imprevistos técnicos paralizaron as obras, o proxecto foi modificado e reanudado en novembro de 2023 cun orzamento final de 439.611,82 €. A nova subvención de 255.615,76 € permitiu que o custo final para o Concello fose de 183.996,06 €. As obras finalizaron en setembro de 2024, proporcionando novos fogares no centro histórico que contribúen á emancipación da mocidade.•