A Ecogranxa Teijeiro lidera a aposta polo porco celta no Incio

María José Gómez felicitou os promotores da Ecogranxa Teijeiro por aproveitar os recursos endóxenos do rural e por potenciar unha raza autóctona como é o porco celta. Fotos GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitoua pasada semana a Ecogranxa Teijeiro, situada no concello do Incio, destacando o seu papel como referente na potenciación do rural galego. Acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Corujo, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou aos responsables desta iniciativa, considerada a maior granxa de porco celta inscrita en Asoporcel.
Durante a visita, a conselleira subliñou a capacidade do proxecto para aproveitar os recursos propios do rural, fomentando a crianza dunha raza autóctona como é o porco celta. Ademais de promover a gandaría en extensivo e a gastronomía, esta granxa impulsa actividades complementarias no medio natural, como opcións lúdicas, deportivas e culturais. O proxecto destaca, segundo Gómez, pola súa capacidade para transformar o territorio e fomentar unha experiencia integral no rural.
Outro aspecto salientado pola conselleira foi a recuperación de terras lograda grazas á unificación de case 30 parcelas, pertencentes a propietarios de diferentes continentes, ata conformar unha superficie de 20 hectáreas. Este feito converte a Ecogranxa Teijeiro na explotación de maior extensión dedicada ao porco celta en Galicia.
A modernización e a tecnoloxía son outros dos sinais de identidade desta granxa, que conta cun innovador sistema de recollida de xurros. María José Gómez subliñou que proxectos como este contribúan á dinamización do rural e á fixación de poboación, dous obxectivos fundamentais para a Xunta de Galicia.
En referencia ao apoio institucional, a conselleira recordou que o titular da Ecogranxa se beneficiou de axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural, tanto para a incorporación ao agro como para a mellora da explotación, cunha contía próxima aos 125.000 euros. Ademais, lembrou que este mes de xaneiro permanece aberta unha nova convocatoria de axudas para o fomento de razas autóctonas gandeiras, dotada cun orzamento de 220.000 euros.
“Este é o rural que queremos e polo que apostamos dende a Xunta de Galicia”, asegurou Gómez, quen destacou o compromiso do Goberno galego cunha Galicia viva, moderna e sustentable, reafirmando o apoio ás iniciativas que potencian os recursos endóxenos do territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Casa das Arsenias rehabilitada para alugueiro social

Seguinte Nova

Chantada acolleu o II Foro Empresarial para impulsar a innovación no sur de Lugo

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss