A oposición cuestiona o triunfalismo do goberno local en Monforte

A líder do PP de Monforte, Katy Varela, criticou duramente o ton optimista do alcalde José Tomé, quen cualificou o 2024 como un ano especial e anticipou un 2025 mellor. Para Varela, estas declaracións son “desacertadas” e denunciou que Tomé “se atribúe méritos alleos”, en referencia á mellora nos datos de censo e desemprego. Sinalou que, durante o seu mandato, o alcalde ignorou cuestións clave como a ampliación de prazas en gardarías municipais, un problema que obrigou moitas familias a recorrer a municipios veciños. Ademais, lamentou que investimentos prometidos continúan atrasados, mencionando que os problemas de saneamento e roturas de tubaxes persistiron sen solución.
Varela tamén destacou a crise económica do municipio, afirmando que negocios emblemáticos continúan pechando e que a falta de apoio do goberno local impide a apertura de novas iniciativas. “A cidade está chea de locais baleiros e casas en ruínas, mentres seguimos agardando pola implantación de empresas prometidas durante a última campaña electoral”, engadiu.
Desde o BNG, Emilio Sánchez sumouse ás críticas ao goberno local. O voceiro nacionalista, en recentes declaracións aos nosos compañeiros de Onda Cero, cualificou o 2024 como un ano sen novidades destacables, reducido a eventos como o Festival do Viño, a Feira Medieval e as Festas Patronais, cun gasto superior ao millón de euros. Sánchez reclamou proxectos máis económicos e orixinais, criticando a falta de investimentos en infraestruturas, que a cidade non teña PXOM e que o equipo de goberno siga obceda coz zona D, ou o a falta de selado de vertidos ao río Cabe.
Aínda que valorou positivamente os 10 millóns para a renovación de tubaxes, Sánchez denunciou que o bus segue sendo discriminatorio ao non cubrir varias zonas da cidade. Lamentou a ausencia de zonas de baño públicas. Para Sánchez, o goberno amosa un excesivo triunfalismo que non se reflicte na mellora da calidade de vida dos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Éxito organizativo e deportivo no Campionato Galego de Taekwondo

Seguinte Nova

Monforte pecha un ano histórico con avances en poboación, emprego e investimentos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss