A Xunta licita unha nova glorieta na LU-903 en Doade por 367.953€

O delegado territorial Javier Arias, e o alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, no lugar onde se vai construir esta nova rotonda de 28 metros de diámetro. Foto GPXG.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou a execución dunha glorieta no quilómetro 12+780 da estrada LU-903, en Doade, cun orzamento de 367.953 euros. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou o lugar onde se desenvolverán as obras, destacando que o obxectivo é substituír a actual intersección en cruz por unha glorieta que permita unha circulación máis segura e fluída.
A licitación publicouse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 27 de xaneiro. Segundo a Xunta, as obras poderían iniciarse este ano, dado que o levantamento das actas previas ás expropiacións tivo lugar o pasado 11 de decembro, mentres que as actas de ocupación formalizaranse o 23 de marzo. A execución, cun prazo de seis meses, suporá un investimento total de preto de 410.000 euros.

DETALLES DA ACTUACIÓN
A nova glorieta, que contará cun diámetro de 28 metros, permitirá unha regulación funcional e segura da intersección actual, reducindo tamén a velocidade na contorna. A obra incluirá a continuación das beirarrúas existentes cara á marxe dereita da LU-903 e a vía provincial, así como gabias transitables de seguridade de entre 1 e 1,5 metros de ancho nos treitos sen beirarrúa.

ILUMINACIÓN E SINALIZACIÓN
Ademais, instalaranse sistemas de drenaxe para canalizar as augas pluviais, 14 luminarias LED para mellorar a iluminación, e letras co nome do concello na rotonda. A actuación completarase coa sinalización vertical e horizontal, balizamento e barreiras de seguridade, reforzando o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Compromiso coa conservación da Ribeira Sacra a través de axudas de 2 millóns de euros

Seguinte Nova

A crise da Ribeira Sacra e a falta de medidas efectivas: Interior Galego Vivo denuncia a improvisación da Xunta

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss