Monforte pecha un ano histórico con avances en poboación, emprego e investimentos

O alcalde José Tomé destacou en rolda de prensa os fitos acadados no 2024 e os proxectos estratéxicos para 2025. Foto GPCM.

Monforte de Lemos viviu no 2024 un ano “espectacular, trascendental e excepcional”, segundo afirmou o alcalde José Tomé Roca . O rexedor calificou o pasado exercicio como “o mellor en décadas” e asegurou que sentou as bases para que o 2025 sexa aínda máis destacado.
Durante o seu balance anual, Tomé subliñou os avances experimentados en ámbitos clave como a poboación, o emprego e as inversións, aludindo á estabilidade acadada grazas a unha xestión que definiu como intensa e produtiva. “Monforte vai ben e aínda vai ir mellor”, declarou.

CRECEMENTO POBOACIONAL
Un dos obxectivos marcados polo goberno local desde o 2015 foi frear a perda de poboación, un reto que, segundo o alcalde, xa se acadou. Monforte iniciou o 2024 con 18.572 habitantes, 500 máis que en 2021, segundo datos do INE. Tomé apuntou que a cifra real sería superior aos 20.000 habitantes, debido a persoas que residen ou traballan na cidade pero continúan censadas noutros concellos.
No ámbito laboral, a taxa de paro pasou do 19,85% en 2015 ao 11,98% a finais de 2024, o que supón 600 desempregados menos. Ademais, o número de afiliados á Seguridade Social incrementouse un 3,6% no mesmo período, situándose en 4.656. Este panorama reflicte un incremento notable na renda per cápita, que subiu un 22,58% entre 2015 e 2022, con tendencia positiva nos dous últimos anos.

SERVIZOS SOCIAIS E INVERSIÓNS
O Concello destinou no 2024 o maior orzamento da súa historia aos servizos sociais, cun total de 2.230.000 euros. Estes fondos permitiron reforzar programas como Axuda no Fogar, Xantar na Casa, bolsas escolares, transporte para estudantes e actividades do Centro de Información á Muller (CIM). Ademais, incrementáronse as axudas destinadas ao deporte, tanto para clubs como para deportistas individuais.
Entre os eventos máis destacados do 2024, Monforte acolleu o Campionato de España de Taekwondo, o Campionato de Golf Pitch & Putt e un campamento de ximnasia rítmica para deportistas ucraínas. No 2025, a cidade será escenario do Campionato de España de Taekwondo e do Campionato de España de Federacións Autonómicas de Golf, ademais de ser final dunha etapa da Vuelta Ciclista a España o 7 de setembro.

No apartado cultural, o alcalde destacou o esforzo realizado en eventos como a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as Festas Patronais, cun investimento superior ao millón de euros.

INVESTIMENTOS RÉCORD

Segundo José Tomé, no 2024 executáronse investimentos por máis de 55 millóns de euros, unha cifra sen precedentes na historia moderna de Monforte. Entre as obras destacadas figuran:

  • A instalación dunha nova tubaxe xeral de abastecemento de auga potable (1,7 M€).
  • A supresión dos pasos a nivel (8,3 M€).
  • A renovación integral da piscina municipal (2 M€).
    -A construción dunha nova comisaría da Policía Nacional (3,8 M€).
  • A urbanización da Zona D (430.000 €).
  • A construción dunha senda peonil e ciclista (4,1 M€).
  • A renovación de todas as tubaxes na rede de abastecemento de auga potable (10 M€).
  • Tamén se avanzou na aprobación inicial da Praia Fluvial, cun investimento de 5 M€, e na construción da nova depuradora do Polígono do Reboredo (4,6 M€).

PROXECTOS DE FUTURO
O rexedor anunciou que nos primeiros meses do 2025 se darán a coñecer novos proxectos e inversións que, segundo indicou, consolidarán o camiño de progreso da cidade. “Traballaremos para que Monforte siga crecendo e os seus habitantes se sintan orgullosos do seu Concello”, concluíu.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A oposición cuestiona o triunfalismo do goberno local en Monforte

Seguinte Nova

Manuel Cerviño expón as súas obras na Casa da Cultura de Chantada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss