O Alcalde de Monforte denuncia o deficiente arranxo da rúa Chantada

José Tomé remitiu unha carta oficial explicativa a todos os veciños da rúa Chantada na que informa da deficiente actuación que a Xunta de Galicia levou a cabo na rúa Chantada. Foto GPCM.

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, remitiu unha carta oficial aos veciños da rúa Chantada para trasladarlles o seu malestar polo deficiente estado no que quedaron as obras de asfaltado executadas pola Xunta de Galicia hai dous meses. O rexedor cualificou o resultado como «lamentable», sinalando que a rúa presenta un peor estado que antes da intervención.
A comunicación, enviada onte a través de Correos, explica que as obras realizadas entre o cruce coa rúa Rof Codina e a rotonda do Hórreo consistiron nun bacheado parcial, deixando outras áreas sen reparar. Segundo o alcalde, pouco despois de finalizadas as actuacións apareceron novos baches no asfalto recentemente colocado, máis grandes que os anteriores. Na carta, Tomé denuncia que «a rúa semella agora unha sucesión de remendos» e cualifica de «incomprensible» que, no día de onte, a Xunta volvese tapar os buratos do asfalto recentemente reparado.
Na súa misiva, o rexedor informou aos veciños de que remitiu unha carta á Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, incluíndo fotografías do actual estado da rúa. Así mesmo, trasladará unha copia ao presidente da Xunta de Galicia. Nesa comunicación, solicitará que se autorice ao Concello a acometer unha mellora integral da capa de rodadura, empregando aglomerado en quente e unha sinalización adecuada, que garanta a calidade e durabilidade das obras.

RESPOSTA DE JAVIER ARIAS, DELEGADO DA XUNTA EN LUGO
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, atribuíu ao Concello de Monforte o atraso nas obras de rehabilitación do firme na estrada LU-933. Segundo Arias, o Goberno galego remitiu en setembro o plan de tráfico solicitado polo Concello, mais a falta de resposta demorou o inicio dos traballos ata novembro, cando as condicións climáticas eran menos favorables.
A intervención, que consistiu en reparacións localizadas nun tramo de 1.000 metros lineais entre as rúas Chantada e Avenida Galicia, contou cun investimento de preto de 52.000 euros. Arias confirmou que a empresa executora xa reparou as fochancas detectadas e que se completarán máis arranxos cando mellore o tempo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A crise da Ribeira Sacra e a falta de medidas efectivas: Interior Galego Vivo denuncia a improvisación da Xunta

Seguinte Nova

Medio Rural reforza a súa aposta polos pasteiros

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss