O polígono agroforestal de Sabadelle, en Chantada, un exemplo de dinamización do rural

María José Gómez, xunto ao alcalde de Chantada, durante a súa visita ao polígono agroforestal de Sabadelle. Foto GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana o polígono agroforestal de Sabadelle, situado no municipio lucense de Chantada, onde destacou a importancia dos instrumentos que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria para promover o desenvolvemento do rural, tanto desde un punto de vista económico como social e ambiental. A visita contou coa presenza da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.
O polígono de Sabadelle abarca un total de 38,68 hectáreas de terreo, divididas en 114 parcelas pertencentes a 80 propietarios. Gómez subliñou que, ademais do seu valor produtivo, o gando en extensivo terá un papel fundamental no impulso da zona, non só por mellorar a rendibilidade das parcelas, senón tamén por xogar un papel esencial na prevención de incendios e na mellora do entorno natural.
Este polígono xa foi declarado de utilidade pública e atópase na fase inicial do seu desenvolvemento, co “Acordo de inicio” aprobado. Este paso forma parte dun proceso máis amplo de recuperación de terras, que busca optimizar as parcelas en estado de abandono ou infrautilización, para garantir a súa produción sostible e rendible.
María José Gómez explicou que os polígonos agroforestais son fundamentais para recuperar terras de boa capacidade produtiva e destinalas á explotación agrícola ou forestal. Nese sentido, resaltou que este de Sabadelle é un dos seis polígonos da provincia de Lugo, que en total suman máis de 290 hectáreas distribuídas en mil parcelas. Os outros polígonos da provincia atópanse nos municipios de Ver (Bóveda), Loio (Paradela), Xesto (O Saviñao), Barcia (Navia de Suarna) e Carballedo (que se extende tamén á provincia de Ourense).
En Galicia, existen actualmente 34 polígonos agroforestais en funcionamento, cunha superficie de máis de 9.500 hectáreas que benefician a 31.600 propietarios, nun claro exemplo de como a mobilización de terras pode ser clave para dinamizar o rural e fixar poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medio Rural reforza a súa aposta polos pasteiros

Seguinte Nova

Sarria acollerá a súa primeira Carreira 10 km o vindeiro 9 de febreiro

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss