
Os senadores do Partido Popular José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano esixirán no Senado que o Goberno de España acelere a urbanización da segunda fase do polígono industrial do Morelle en Sarria, con prazos e investimentos concretos. A través dunha iniciativa no Senado, os populares criticaron a resposta do Executivo central, que, segundo o senador Juan Serrano, sinala que xa se realizou o proxecto, pero sen concretar datas nin orzamentos para a súa execución.
A proposta parte dunha demanda que leva tempo sendo defendida polos empresarios locais e polo propio PP de Sarria, que subliñan a urxente necesidade de ampliar o polígono para consolidar a actividade económica e xerar novos postos de traballo. Asinado tamén por outras forzas políticas, o apoio da Corporación Municipal de Sarria reitera o carácter prioritario deste proxecto.
Serrano destacou que a ampliación do polígono permitiría atraer máis empresas e crear espazo suficiente para novos investimentos. A falta de avance nesta ampliación está a provocar que varias compañías desistan de establecerse en Sarria e se desvíen cara a outros municipios que ofrecen máis solo industrial.
O PP lembra que en outubro de 2020 tanto o Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, como o alcalde Claudio Garrido, confirmaban o compromiso do Goberno de España para promover esta segunda fase, sen embargo, pasados máis de catro anos, a promesa segue sen materializarse.•





