Sarria acollerá a súa primeira Carreira 10 km o vindeiro 9 de febreiro

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, durante a presentación da carreira. Foto GPVDL.

O vindeiro 9 de febreiro, Sarria será escenario da primeira edición da Carreira 10 km, un evento que contará co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co apoio do Concello de Sarria. A presentación tivo lugar este martes, con Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, destacando a importancia de situar á vila no circuíto de grandes probas populares de Galicia.
A carreira, organizada polo Club Running Sarria CCNorte, contará cun percorrido urbano de 10 km, que se caracteriza por ser prácticamente plano e cunha temperatura agradable, factores que permitirán aos participantes mellorar as súas marcas persoais. Ademais, haberá modalidades de 5 km e distancias para categorías menores. Tamén se celebrarán dúas actividades non competitivas: unha andaina de 5 km para todas as idades e unha carreira de pitufos de 200 m.
Toda a información da carreira e as inscricións está nas páxinas web www.ccnorte.com e www.sarria10kosmaisrapidos.ccnorte.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O polígono agroforestal de Sabadelle, en Chantada, un exemplo de dinamización do rural

Seguinte Nova

O PP exixe ao Goberno de España que impulse a segunda fase do polígono industrial do Morelle

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss