
O VII Concurso Fotográfico de Nadal Segredos de Pantón xa ten gañadores tras unha edición moi disputada. A fotografía “Fresca noite”, capturada en Seragude (San Xoán de Frontón) por Cristina Cardo, acadou o primeiro premio con 56 votos. En segundo lugar quedou “Augacaída”, de Diego Pérez, cunha imaxe da fervenza de Augacaída que recibiu 55 votos. O terceiro posto foi para Irene Laguno Baz con “Ponte entre freguesías”, da Ponte das Bidueiras, con 38 votos.
A competición contou con 217 votos e destacou pola igualdade entre as obras presentadas. O Concello agradeceu tanto a participación como o apoio das empresas colaboradoras, coa vista posta na oitava edición.•





