A Deputación de Lugo promociona o turismo azul en Fitur cunha campaña centrada na auga

José Tomé Roca presentou Feira Internacional de Turismo a nova proposta turística da Deputación de Lugo coa que busca promocionar o turismo azul da provincia. Fotos GPDL.

A Deputación de Lugo presentou en Fitur a súa nova campaña de turismo baixo o lema «Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súa augas». O acto, que tivo lugar no stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo en Madrid, estivo encabezado polo presidente da entidade provincial, José Tomé Roca, quen destacou a aposta da institución polo turismo azul como parte do seu modelo de promoción do territorio.
Durante a presentación, Tomé Roca resaltou a importancia da auga na conformación da paisaxe lucense, desde os Canóns do Sil ata a Mariña lucense. «Sempre que vimos a Fitur, convidamos a percorrer os camiños de Lugo, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Este ano propoñemos unha viaxe polos camiños da auga, un elemento fundamental para a nosa identidade natural e cultural», sinalou.
A campaña inclúe diversas iniciativas para fomentar o turismo sostible e de calidade, como as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra, que en 2024 contaron con 61.500 visitantes, segundo indicou Tomé. Ademais, puxo en valor outros espazos naturais da provincia, como as illas fluviais do Miño, as lagoas de Lucenza e os lagos de Lousada, ligados á actividade mineira tradicional.
No acto, moderado por Alberte Cabarcos, participaron tambén Ana Pena, guía turística da Mariña, e David Criado, pescador da comarca da Ulloa. O presidente provincial subliñou a riqueza da costa lucense, con 100 quilómetros de litoral, e destacou a súa gastronomía, que inclúe produtos como o bonito de Celeiro. «Ao redor da auga, sempre está presente a nosa gastronomía, unha das mellores cartas de presentación da provincia», engadiu.
Na súa intervención, Tomé Roca fixo fincapé no modelo de turismo sostible que promove a Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer experiencias de contacto coa natureza e distribuír os beneficios turísticos por toda a provincia. «Queremos que os visitantes sexan como a auga, que se coen por todas partes, descubrindo cada recuncho de Lugo», concluíu.
Ademais da presentación desta campaña, a delegación provincial participou noutros actos en Fitur, como a presentación da iniciativa «Lufo, parte de tu camino» do Concello de Lugo e do vídeopromocional «A Ulloíña», do Xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa. Tamén estivo presente na presentación do Xeoparque Montañas do Courel, onde Tomé Roca puxo en valor a riqueza xeolóxica deste espazo recoñecido pola UNESCO desde 2019 grazas ao esforzo da Deputación e dos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Avanzan as obras de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

Seguinte Nova

Ribeira Sacra, candidata aos Premios Viajes National Geographic 2025

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss