
A cuarta edición de O Gran Camiño fará parada na Pobra do Brollón, que será o punto de saída da súa cuarta etapa o vindeiro 1 de marzo. O Concello, colaborador habitual do evento, agradece a oportunidade de formar parte desta cita ciclista que reúne a corredores de primeiro nivel internacional.
A presentación oficial da proba tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago, con representación municipal. Ademais, en decembro, o alcalde Xosé Lois Maceda mantivo unha reunión coa organización para concretar detalles. O Gran Camiño buscarecuperar o espírito da histórica Volta a Galicia, que entre 1933 e 2000 atraeu campións como Induráin ou Pantani. A competición busca consolidarse como unha referencia no calendario internacional. •





