Axudas para a modernización e promoción da apicultura en Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, realizou unha visita á explotación apícola Mel Casa Miranda, situada no concello de Baleira. Foto GPXG.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a convocatoria das axudas para o sector apícola en 2025, cun orzamento de 1,4 millóns de euros. O obxectivo destas achegas é impulsar a modernización das explotacións, fomentar a innovación e mellorar a comercialización dos produtos apícolas, contribuíndo á protección da biodiversidade.
As axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), o Ministerio de Agricultura e a Administración autonómica, permitirán subvencionar investimentos en asesoramento técnico, formación, loita contra enfermidades das colmeas, adquisición de software e equipos de monitorización, envasado e etiquetaxe, así como accións de promoción e sensibilización sobre a calidade dos produtos apícolas.
As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, así como agrupacións de apicultores, poderán presentar as súa solicitudes durante un mes a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG. Os investimentos subvencionables deberán realizarse entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025.
Durante unha visita á explotación Mel Casa Miranda, no concello de Baleira, a conselleira do Medio Rural destacou a importancia da apicultura para o equilibrio ambiental e puxo en valor estas axudas como ferramenta para fortalecer a competitividade do sector. Ademais, subliñou a necesidade de seguir promovendo o traballo dos apicultores galegos e o seu papel fundamental na conservación dos ecosistemas rurais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Apoio á xuventude no seu proceso de emancipación

Seguinte Nova

Viaxe Interior de Pedra e Auga

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss