Chegou a borrasca Ivo, logo de sufrir os efectos de Herminia e Éowyn

Dende o mércores Galicia está a sufrir os efectos da borrasca Ivo, que xerou numerosas incidencias debido ás fortes rachas de vento e as intensas precipitacións que afectaron a toda a comunidade. Os seus efectos tamén se deixaron notar no sur de Lugo, aínda que que nosa comarca afortunadamente non foi das máis afectadas. Bo exemplo dos danos que está a causar é o feito de que ao redor de 2.000 persoas quedaron sen luz en diversas zonas de Galicia, sendo a situación máis crítica na provincia de A Coruña, pero tamén na Mariña lucense e algunhas comarcas do interior galego.
O temporal comezou a desatarse de forma notable desde o pasado domingo, cando a bomboxénese Herminia deixou unha serie de danos considerables, entre eles a caída de árbores e postes eléctricos, que provocaron apagóns en numerosas vivendas. Dende o mércores, con Ivo xa presente, as rachas de vento chegaban aos 100 km/h en zonas costeiras, mentres que as precipitacións intensas tamén afectaban a outras áreas de Galicia, deixando incluso neve en zonas de interior por encima dos 800 metros de altura.

Nas vindeiras horas espéranse chuvascos localmente tormentosos e acompañados de sarabia. Cota de neve en progresivo descenso ata os 800 m á noite. Foto Meteogalicia.


A pesar de que a Aemet prevía que a borrasca Ivo tería efectos menos intensos, as incidencias seguen a crecer. A maior parte dos danos nas infraestruturas eléctricas foron ocasionados pola caída de árbores e os fortes ventos, que provocaron cortes no suministro eléctrico. A compañía Naturgy mobilizou todos os seus recursos e equipos de traballo para restablecer a luz aos afectados, cunha cifra de máis de 500 persoas traballando na reparación das avarías. O servizo de enerxía continúa en “estado de alerta”, co apoio de 50 grupos electrógenos temporais.
Na zona sur de Lugo, as comarcas de Sarria, Monforte, Chantada e Quiroga tamén sufriron os efectos dos temporais, con varios incidentes relacionados coas condicións meteorolóxicas adversas.
A Xunta de Galicia activou alertas para toda a costa galega debido ás malas condicións no mar. Os servizos de emerxencias recordaron á poboación a importancia de seguir as indicacións das autoridades e evitar os paseos marítimos e as actividades náuticas. Na madrugada do xoves, data de peche deste xornal, agárdanse ondas de máis de 8 metros no litoral norte e fortes ventos que afectarán a toda a zona costeira.
A alerta tamén se mantén para o interior da comunidade, onde as zonas montañosas de Lugo e Ourense se atopan en alerta amarela debido aos fortes ventos e a previsión de neve. A situación meteorolóxica segue a ser de risco, polo que a recomendación é estar atento ás advertencias e evitar desprazamentos innecesarios. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 40,7 millóns para impulsar o traballo autónomo

Seguinte Nova

Julieta Venegas actuará no 17º Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss