Máis de 40,7 millóns para impulsar o traballo autónomo

A nova convocatoria unificada beneficiará a preto de 8.700 profesionais con programas de inicio, consolidación e conciliación. Na imaxe a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana durante a presentación das axudas.Foto GPXG.

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde que agrupa máis de 40,7 millóns de euros en axudas dirixidas ao colectivo de traballadores autónomos. Con esta medida, a Xunta busca axilizar a tramitación e resolución das solicitudes, ademais de avanzar na simplificación administrativa. A previsión é que se beneficien arredor de 8.700 profesionais, tanto os que inicien a súa actividade como aqueles que xa a desenvolven.
A convocatoria inclúye cinco programas diferenciados, abarcando desde o apoio ao inicio da actividade ata a consolidación e mantemento dos negocios. Entre eles, atópanse o programa de promoción do emprego autónomo, a denominada «cota cero», o Bono Autónomo, o Bono Remuda e os apoios á conciliación e á Nova Oportunidade.
O programa de promoción do emprego autónomo dispón de 28,9 millóns de euros e estrutúrase en dúuas liñas: unha para impulsar o inicio da actividade e outra para garantir a cota cero durante os primeiros 12 meses. Pola súa parte, o Bono Autónomo, que busca mellorar a competitividade dos negocios, conta cunha dotación de 8 millóns de euros, incorporando como novidade a ampliación do período de gastos subvencionables ao último trimestre do ano anterior ao de solicitude da axuda.
O Bono Nova Oportunidade, dotado con 1,5 millóns de euros, está dirixido a aqueles autónomos que desexen emprender de novo tras cesar a súa actividade. No caso do Bono Remuda, que supera os 1,2 millóns de euros, engádense novidades para facilitar a transmisión de negocios rendibles, incluíndo axudas tanto para quen asume a empresa como para quen a traspasa por xubilación. Os importes das axudas serán de 6.000 euros en concellos con menos de 10.000 habitantes (Bono Remuda Rural) e de 3.000 euros nos de maior poboación (Bono Remuda Xeral).
Tamén se inclúen axudas para a conciliación, cun orzamento de 1 millón de euros, e tres liñas de apoio á contratación de persoas desempregadas para cubrir baixas por maternidade ou paternidade, risco durante o embarazo ou lactancia, e para o coidado de menores, maiores ou dependentes. Ademais, habilítase unha terceira liña para financiar servizos de coidado das persoas ao cargo do profesional autónomo. O prazo de presentación de solicitudes para esta orde única permanecerá aberto do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025.
Por outra banda, a Xunta dispón de 1,35 millóns de euros para fomentar a contratación indefinida, co obxectivo de beneficiar a case 140 persoas desempregadas. Para apoiar a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador, creáronse dúuas liñas compatibles entre si: o bono de contratación e o bono de formación. As contías base das axudas poderán incrementarse nun 15%, acumulables entre si, se a persoa contratada é muller nunha profesión con baixa representación feminina, maior de 45 anos ou se o centro de traballo está nunha zona rural. O prazo para estas axudas será do 24 de xaneiro ao 30 de setembro.
Ademais destas medidas, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, valorou positivamente que a Xunta convocará a maior parte das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para pemes e autónomos nunha sola orde, sumando un total de 172,6 millóns de euros. Estas axudas, según a conselleira, permitirán que os beneficiarios coñezan con antelación os apoios dispoñibles e planifiquen as súa necesidades financeiras.
As axudas do Igape divídense en tres bloques principais: financiamento (110 M€), competitividade (47,3 M€) e innovación (15,2 M€). Dentro das axudas financeiras destacan as de acceso ao crédito (19 M€), préstamos directos (50 M€), préstamos para grandes empresas (37 M€) e a reestruturación de débedas con Igape (4 M€). En competitividade, resalta a atracción de empresas (12 M€), os apoios a startups (1,5 M€) e a transformación dixital (3 M€), entre outros programas. En innovación, haberá novas iniciativas como o Ticket Innova (1 M€) e o programa IA360 para implantación da Intelixencia Artificial nas pemes (10,2 M€).
O financiamento destas axudas prové de fondos propios da Xunta (83,5 M€), ademais de achegas do FEDER, do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do Fondo de Transición Xusta.
A conselleira destacou que esta planificación se enmarca na estratexia de simplificación administrativa e axiliza o acceso dos autónomos e pemes aos recursos dispoñibles.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu máis dun millón de chamadas en 2024

Seguinte Nova

Chegou a borrasca Ivo, logo de sufrir os efectos de Herminia e Éowyn

Últimas noticias sobre EMPREGO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss