Monforte acolleu a representación de As gardiás no Multiusos

O Concello de Monforte arrancou o novo ciclo teatral do primeiro trimestre de 2025. Foto NP.

Este xoves o Edificio Multiusos de Monforte acolleu a representación de As gardiás, un drama social da compañía Ningures Produción. A posta en escena, dirixida por Cristina Domínguez, contou coas interpretacións de Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero e Sonia Rúa.
A obra, que aborda o dereito das persoas maiores a decidir sobre a súa vida e envellecemento, presentou o conflito entre Rosa, unha muller maior que vive con catro compañeiras, e a súa filla Vitoria, que quere trasladala a unha institución médica. A loita entre as dúas visións do ben envellecer serviu para reflexionar sobre a independencia das persoas maiores e a súa capacidade para tomar decisións sobre a súa vida.
A representación recibiu unha boa acollida entre o público, que gozou dunha obra conmovedora e crítica coa visión tradicional sobre o envellecemento.
O ciclo de teatro para adultos do Concello de Monforte continuará coa representación de Neura o xoves 13 de febreiro, tamén ás 20:15 horas no Edificio Multiusos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O bus urbano de Monforte rexistrou en 2024 un récord de pasaxeiros

Seguinte Nova

Avanzan as obras de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss