Novidades para a XXV edición da Mostra do Aceite

A comisión organizadora, composta polo Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, produtores de aceite e técnicos municipais.
Foto RTMQ.

A XXV Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase os días 29 e 30 de marzo cunha programación especial polo seu 25 aniversario. Como novidade, desenvolverase o II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga e ampliaranse os espazos de celebración. O evento conta coa organización do Concello de Quiroga, produtores de aceite e técnicos municipais, que buscan poñer en valor este produto tradicional.
O sábado 29 terá lugar o congreso no Auditorio Municipal, con especialistas do sector que abordarán diversos aspectos do aceite de oliva a nivel nacional. A xornada concluirá cunha degustación de pinchos elaborados con aceite quirogués. O domingo, a feira trasladarase á praza do Auditorio Municipal, onde estarán situados os postos de venda e se realizarán diversas actividades no Museo Etnográfico, o Albergue Municipal e o propio Auditorio.
Os visitantes poderán coñecer o proceso tradicional de produción no Muíño de Aceite de Bendilló, que permanecerá en funcionamento. Para facilitar o acceso, haberá un servizo de autobuses gratuítos entre Quiroga e o muíño, con saídas cada hora entre as 11:00 e as 14:00 horas.
Outra das novidades deste ano será o primeiro pregón da mostra, no que se destacarán as cualidades do aceite de Quiroga. Tamén terá lugar un showcooking, onde se explicará a elaboración de distintos pratos con aceite da zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Lama das Quendas acolle a mostra “Galegoza” sobre a música en galego

Seguinte Nova

O Faladoiro de Quiroga retomou a súa actividade cunha charla sobre o ictus

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss