O Alcalde de Monforte denunciou o deficiente arranxo da rúa Chantada

Foto: Arquivo

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, remitiu unha carta oficial aos veciños da rúa Chantada para trasladarlles o seu malestar polo deficiente estado no que quedaron as obras de asfaltado executadas pola Xunta de Galicia hai dous meses. O rexedor cualificou o resultado como «lamentable», sinalando que a rúa presenta un peor estado que antes da intervención.
A comunicación, enviada onte a través de Correos, explica que as obras realizadas entre o cruce coa rúa Rof Codina e a rotonda do Hórreo consistiron nun bacheado parcial, deixando outras áreas sen reparar. Segundo o alcalde, pouco despois de finalizadas as actuacións apareceron novos baches no asfalto recentemente colocado, máis grandes que os anteriores. Na carta, Tomé denuncia que «a rúa semella agora unha sucesión de remendos» e cualifica de «incomprensible» que, no día de onte, a Xunta volvese tapar os buratos do asfalto recentemente reparado.
Na súa misiva, o rexedor informou aos veciños de que remitiu unha carta á Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas con copia ao presidente da Xunta na que solicita que se autorice ao Concello a acometer unha mellora integral da capa de rodadura que garanta a calidade das obras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Críticas enfrontadas pola situación da Rúa Chantada en Monforte

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo esixe á Xunta que retire as sancións aos concellos polo Servizo de Axuda no Fogar

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss