O bus urbano de Monforte rexistrou en 2024 un récord de pasaxeiros

O Alcalde José Tomé Roca valorou positivamente os bos datos que tivo o bus urbano municipal gratuíto no pasado ano 2024, que alcanzou os 82.580 viaxeiros. Foto ARQUIVO.

O autobús urbano de Monforte acadou en 2024 un total de 82.580 usuarios, segundo os datos facilitados polo Concello. Esta cifra supón un incremento significativo respecto de anos anteriores e consolida o servizo como unha referencia no transporte da localidade.
A comparativa cos exercicios previos reflicte un crecemento continuo. En relación a 2023, o aumento foi dun 20,27%, ao rexistrar 13.923 pasaxeiros máis. Se se toma como referencia 2022, o crecemento situouse no 29,38%, con 18.756 viaxeiros adicionais. En comparación con 2021, cando o servizo contou con 52.685 usuarios, o incremento ascendeu ao 56,75%, cunha suba de 29.895 persoas. Desde 2019, ano previo á posta en marcha da gratuidade, o número de usuarios multiplicouse por máis de cinco, pasando de 14.422 a 82.580, o que representa unha suba do 472%.
Segundo os datos da empresa concesionaria, o mes de outubro de 2024 foi o de maior demanda do servizo, con 8.519 viaxeiros, seguido de novembro, con 8.050. Os meses de abril, maio e outubro acadaron por primeira vez cifras superiores aos 8.000 usuarios mensuais.
O autobús urbano de Monforte é un caso único en Galicia que comezou a funcionar o 1 de febreiro de 2020 como un servizo gratuíto, accesible e adaptado. Desde entón, captou a atención de outros concellos e medios de comunicación, que destacaron o seu impacto na mobilidade local. Dende o Concello sinalan que manteñen o seu compromiso co fomento do transporte público, con axudas para estudantes universitarios e de ciclos formativos, así como para o transporte escolar nos colexios da cidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CRDO fai unha aclaración sobre a posibilidade de instalar unha bodega na D.O. Ribeira Sacra no polígono de Monforte

Seguinte Nova

Monforte acolleu a representación de As gardiás no Multiusos

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss