
O Concello de Sober mantén aberto o concurso de deseño gráfico para escoller o cartel anunciador da XLV Feira do Viño de Amandi, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de abril.
Poderá participar calquera persoa con obras en formato A3 e técnica libre. Cada autor poderá enviar un único traballo.
O cartel deberá destacar o sector vitivinícola e o patrimonio cultural da zona. O prazo de entrega rematará o 21 de febreiro.
O cartel gañador será empregado na promoción da Feira do Viño de Amandi e o seu autor recibirá 800 euros e unha peza de cerámica de Gundivós.
O premio aumentouse en 100 euros respecto á edición anterior.•