O CRDO fai unha aclaración sobre a posibilidade de instalar unha bodega na D.O. Ribeira Sacra no polígono de Monforte

Foto: Arquivo

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra quixo aclarar, ante as especulacións sobre a posible instalación dunha bodega no polígono industrial de Monforte de Lemos, que a información urbanística vixente establece que este polígono non pode acoller unha instalación para a elaboración de viño amparado pola D.O. Ribeira Sacra.
A través do Decreto 168/2024, publicado no Diario Oficial de Galicia, resolvéronse as discrepancias entre os municipios de Monforte de Lemos e Sober sobre o deslindamento das súas zonas, confirmando que o polígono industrial de Monforte se atopa íntegramente no termo municipal de Monforte de Lemos.
Sen embargo, o Pliego de Condicións do Consello Regulador especifica que as parroquias de Monforte de Lemos non se atopan na lista das zonas autorizadas para a elaboración, almacenaxe ou embotellado de viño da D.O. Ribeira Sacra.
A parroquia de Piñeira, na que se sitúa o polígono, tampouco está incluída en ningunha das categorías autorizadas para esta actividade.
Por tanto, o Consello Regulador reitera que o polígono industrial de Monforte de Lemos non é un lugar adecuado para albergar unha bodega amparada pola D.O. Ribeira Sacra, conforme ás normativas e directrices vixentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inician os pagamentos das axudas para a destilación de crise na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O bus urbano de Monforte rexistrou en 2024 un récord de pasaxeiros

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss