O Faladoiro de Quiroga retomou a súa actividade cunha charla sobre o ictus

A doutora Hermitas García Quiroga abordou a prevención e os riscos do accidente cerebrovascular. Foto RTMQ.

O Faladoiro de Quiroga reiniciou as súas sesións tras o parón do Nadal cunha charla a cargo da doutora Hermitas García Quiroga sobre o accidente cerebrovascular. O evento, que tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura debido á gran afluencia de público, contou coa moderación de Xosé Manuel Fernández Montes, concelleiro de Servizos Sociais. No encontro participaron o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro, e a concelleira de Igualdade, Maite Pérez Grao.
Na súa intervención, a hematóloga explicou a importancia da prevención do ictus, recomendando hábitos saudables como unha alimentación equilibrada, a práctica regular de exercicio físico e a eliminación do consumo de tabaco e alcohol. A sesión prolongouse durante unha hora e media, tempo no que os asistentes puideron trasladar as súas dúbidas á especialista, quen respondeu apoiándose na súa experiencia de máis de vinte anos na profesión, os últimos doce no Hospital Comarcal de Monforte. Os Faladoiros teñen lugar os últimos mércores de cada mes na Biblioteca do Centro Social, funcionando como un espazo de socialización e coñecemento aberto á veciñanza. Comezan cunha presentación do convidado, seguida dunha conversa moderada e da participación do público, que pode compartir as súas experiencias ou formular preguntas sobre a temática tratada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novidades para a XXV edición da Mostra do Aceite

Seguinte Nova

O Xeoparque Montañas do Courel estivo presente en FITUR

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss