O Grupo Provincial Popular pide a cesión da Casona ao Concello do Incio

Antonio Ameijide, e o alcalde de O Incio, Héctor Corujo, visitaron recentemente o edificio. Fotos GPPP.

Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderon no pleno da Deputación a cesión da Casona ao Concello do Incio para poder desenvolver un proxecto que beneficie á veciñanza. A iniciativa xorde tras a petición formulada polo pleno municipal do Incio o pasado 30 de decembro, onde se solicitou ademais unha axuda de 250.000 euros para acometer a recuperación do inmoble.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, e o alcalde de O Incio, o deputado popular Héctor Corujo, visitaron recentemente o edificio para comprobar o seu estado, constatando o seu abandono e os danos estruturais. Corujo lembrou que desde 2021 a Deputación tan só apuntalou a estrutura, sen avanzar na rehabilitación comprometida.
O alcalde inciense reiterou a súa disposición a negociar, condicionando o acordo á execución de obras urxentes para evitar un maior deterioro do inmoble.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo reafirma o seu apoio ao matadoiro municipal de Sarria

Seguinte Nova

Sarria honra a Elías Valiña no seu aniversario

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss