O IES Lama das Quendas acolle a mostra “Galegoza” sobre a música en galego

A exposición repasa a historia musical en galego. Foto GPVDL.

O IES Lama das Quendas de Chantada alberga a mostra “Galegoza«. A canción en galego”, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A exposición ten como obxectivo dar a coñecer ao público máis novo a rica oferta musical en galego, desde os anos 60 ata a actualidade. A deputada de Cultura, Iria Castro, participou na inauguración e destacou a diversidade de estilos, que inclúen desde ritmos tradicionais actualizados até pop, rock, hip hop e electrónica.
O comisario da mostra, Pepe Cunha, explicou os contidos ao alumnado de 4º de ESO, facendo un percorrido histórico polos principais grupos e solistas que marcaron a evolución da música en galego. Castro animou aos estudantes a escoitar as listas de reprodución acompañantes, que amosan a versatilidade do galego na música.
A mostra Estará en Chantada ata o 6 de febreiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A exposición “Palabra e Memoria” chega á igrexa nova de Chantada

Seguinte Nova

Novidades para a XXV edición da Mostra do Aceite

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss