O Xeoparque Montañas do Courel estivo presente en FITUR

A presentación contou coa asistencia dos alcaldes do territorio e representantes institucionais. Foto RTMQ.

O Xeoparque Montañas do Courel participou na Feira Internacional de Turismo, FITUR, celebrada en Madrid, formando parte da Rede Española de Xeoparques Mundiais. Compartiu espazo co Xeoparque de Cabo Ortegal, destacando a singularidade dos seus territorios e a riqueza das súas paisaxes.
A presentación contou coa presenza dos alcaldes dos tres concellos que integran o xeoparque: José Luis Rivera (Quiroga), Lola Castro (Folgoso do Courel) e Roberto Castro (Ribas de Sil), este último tamén presidente do Xeoparque. Tamén asistiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias.
O evento estivo acompañado pola música de raíz de Xavier Blanco e Martina Ferradas, da Fundación Legar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Faladoiro de Quiroga retomou a súa actividade cunha charla sobre o ictus

Seguinte Nova

O alumnado da ESO do Saviñao expón as súas creacións en banda deseñada

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss