
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, xunto á concelleira Cristina Juiz, mantivo recentemente unha xuntanza en Santiago con Natalia Prieto, directora xeral de Administración Local da Xunta. Durante a reunión, abordáronse as necesidades do concello e as posibilidades de acceder a axudas dentro das subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. O rexedor destacou a boa disposición da directora xeral para tratar os temas expostos.•