Ribeira Sacra, candidata aos Premios Viajes National Geographic 2025

A Ribeira Sacra foi seleccionada como un dos cinco destinos candidatos ao premio de mellor destino rural de España na III Edición dos Premios dos Lectores de Viajes National Geographic. A prestixiosa revista especializada en turismo e viaxes anunciaba o pasado martes 21 de xaneiro os nominados, destacando o enclave galego pola súa paisaxe, patrimonio e oferta enoturística.
A candidatura será sometida a votación popular a través da web e redes sociais da publicación ata o 21 de febreiro. Durante este tempo, os lectores da revista e seguidores da plataforma terán a oportunidade de coñecer en profundidade os atributos de cada un dos destinos elixidos. Segundo a organización, a elección dos premiados recae na maior comunidade de viaxeiros de fala hispana, que poderá valorar as propostas antes de emitir o seu voto.
A terceira edición destes premios dá continuidade ao formato instaurado con éxito nas convocatorias anteriores, nas que se acadou unha ampla participación e repercusión mediática. A revista Viajes National Geographic subliña que a iniciativa busca fomentar o espírito viaxeiro e a apreciación de novos destinos, recoñecendo aqueles lugares que destacan pola súa riqueza paisaxística e cultural.
A Ribeira Sacra compite con outros catro destinos españois polo recoñecemento como mellor destino rural, nunha categoría que pon en valor territorios con grande atractivo natural e patrimonial. A publicación, ademais, comprométese a dar ampla cobertura ás candidaturas a través dos seus diferentes canles de difusión, poñendo en valor os recursos turísticos e o potencial de cada enclave seleccionado.
Os resultados das votacións daranse a coñecer despois do peche do proceso o 21 de febreiro, momento no que se saberá se a Ribeira Sacra logra alzarse co recoñecemento ao mellor destino rural de España en 2025.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo promociona o turismo azul en Fitur cunha campaña centrada na auga

Seguinte Nova

Novo ciclo para o Club Lemos

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Xabier Quiroga

O escritor do Saviñao vén de publicar Alguén ao lado, una novela fundada na conxugación de sentimentos fundamentales e idiosincrasia galega Falamos
Ir aInicio

Don't Miss