
O concello celebrará o Primeiro Día Elías Valiña Sampedro cunha placa conmemorativa na súa casa natal en Mundín.
O vindeiro 2 de febreiro Sarria renderá homenaxe a Elías Valiña Sampedro coincidindo co 96º aniversario do seu nacemento. O concello acollerá o Primeiro Día Elías Valiña Sampedro, unha xornada especial dedicada a lembrar a figura do impulsor e defensor do Camiño de Santiago no século XX e creador da icónica frecha amarela.
A celebración culminará coa colocación dunha placa conmemorativa na casa onde naceu, en Mundín, parroquia de Santa María de Lier, nun acto programado para as 13:00 horas.
Este recoñecemento chega despois dun ano cheo de actividades na súa honra, coincidindo co 35º aniversario do seu pasamento, e dá continuidade ao tributo iniciado en 2022 co mural realizado polo artista lucense Diego As.•





