A conselleira María José Gómez visita a nova imprenta de Aida Marcos

A imprenta foi un dos proxectos beneficiarios das axudas para emprendemento no rural galego. Foto GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe a imprenta de Aida Marcos Arias en Bustelo de Fisteus, no concello de Quiroga, un proxecto que se beneficiou das axudas para proxectos empresariais non agrícolas. A imprenta, que foi trasladada desde Vigo ata a localidade natal de Aida Marcos, foi cualificada pola conselleira como un exemplo de éxito na reactivación do tecido socioeconómico rural. Gómez aproveitou para lembrar que as axudas para proxectos non agrícolas de 2025, cun orzamento de 1,7 millóns de euros, teñen o prazo de solicitude aberto ata o 28 de febreiro. Este apoio, dirixido a pequenas empresas e persoas físicas no rural, promove a adquisición de bens de equipo para mellorar a competitividade e crear novos postos de traballo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Celia Díaz presenta en Quiroga a súa novela “Todos Calan”

Seguinte Nova

Nova web da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss