A Deputación de Lugo abre o prazo de inscrición para as rutas fluviais da Ribeira Sacra

A tempada 2025 arranca o 22 de marzo e ofrecerá percorridos polo Canón do Sil e o Cabo do Mundo, con opcións para todos os públicos

As persoas interesadas xa poden adquirir as súas prazas para descubrir a beleza natural da zona a bordo dos catamaráns durante a tempada 2025.. Foto GPDL.

A Deputación abriu o prazo para realizar as reservas nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, unha das ofertas turísticas máis destacadas da provincia. A tempada 2025 dará comezo o 22 de marzo e prolongarase ata finais de ano, permitindo aos turistas gozar das impresionantes paisaxes do Canón do Sil e do Cabo do Mundo.
Os billetes para estas rutas fluviais están dispoñibles na páxina web reservas.rutasembalses.es, onde os usuarios poden consultar horarios, tarifas e dispoñibilidade en tempo real. A plataforma, activa as 24 horas do día, tamén permite modificar as reservas e realizar consultas adicionais de maneira rápida e cómoda. Non se aceptan reservas por teléfono nin por correo electrónico.
Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, destacou o éxito destas rutas fluviais, que en 2024 foron utilizadas por máis de 61.000 persoas. «Este dato reafirma o impacto positivo tanto no servizo como na economía local», subliñou. As rutas, que percorren paisaxes de gran beleza, son un importante motor económico para a Ribeira Sacra, fomentando o turismo e dinamizando as economías locais.
As persoas que realicen reservas poderán beneficiarse de tarifas especiais para colectivos como xente nova, estudantes, xubilados, persoas en situación de desemprego ou familias numerosas. Os nenos de até tres anos viaxan de balde. A nova tempada mantén as dúas rutas fluviais principais: a do Canón do Sil, cunha duración de dúas horas, e a do Cabo do Mundo, tamén de dúas horas de duración. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O meu primeiro Xeolodía deu o pistoletazo de saída ao programa de actividades do Xeoparque Montañas do Courel 2025

Seguinte Nova

O BNG denuncia a inacción do goberno municipal ante o mal estado do depósito de auga de Moreda

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss