A Xunta pide revisar a protección do lobo para garantir o equilibrio co sector gandeiro

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou unha explotación gandeira en Sarria. Fotos GPXG.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, instou ao Goberno central a revisar o nivel de protección do lobo para garantir o equilibrio co sector gandeiro. Durante a súa visita a unha explotación en Sarria, Vázquez subliñou que a poboación desta especie en Galicia mantense estable con arredor de 93 mandas.
A conselleira destacou que a Unión Europea apoia a posición galega, xa que o Comité Permanente do Convenio de Berna aprobou cambiar o status internacional do lobo de estritamente protexido a protexido. Criticou que a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) en 2021 responda a criterios ideolóxicos, xa que desde entón os avisos por ataques incrementáronse nun 72% e as reses afectadas nun 57%.
A explotación visitada en Sarria recibiu máis de 1.500 euros en axudas e solicitou financiamento para medidas preventivas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Prevese que en abril rematen os traballos de restauración do Convento da Mercé

Seguinte Nova

Sarria celebra a XVII Festa do Cocido do Porco Celta

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss