Aberta a inscrición para cursos gratuítos de xoeiría, coiro e tecido

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía e Deseño, abriu o prazo de inscrición para os cursos gratuítos que se impartirán no primeiro semestre de 2025 no Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).
A oferta formativa inclúe o curso ‘Fusión creativa. Explorando metal e cerámica no deseño de xoias’, que se desenvolverá do 24 de febreiro ao 27 de marzo, de 16:30 a 20:20 horas. Tamén se impartirá o curso ‘Elaboración de complementos de coiro’, do 24 de febreiro ao 20 de marzo, de 10:00 a 13:30 horas, centrado no manexo de ferramentas e técnicas específicas para traballar este material.
Por último, o curso ‘Tear de baixo lizo’ ofrecerá formación en técnicas de tecido tradicional do 21 de marzo ao 30 de maio, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, destacou que esta programación busca apoiar e promover o sector artesán. Todos aqueles interesados deberán cubrir o formulario dispoñible na web da Deputación e envialo a info.centrad@deputacionlugo.org antes das 15:00 horas do 20 de febreiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de Bóveda reúnese co presidente da Xunta para avanzar en proxectos estratéxicos para o concello

Seguinte Nova

Curso gratuío de Prevención de Riscos Laborais para mellorar a empregabilidade

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss