
O CIFP Sanxillao de Lugo acolleu o pasado 30 de xaneiro a primeira edición do Concurso de Panadaría e Pastelaría “Memorial Eneas”, unha iniciativa organizada polo propio centro educativo para poñer en valor o talento do alumnado de formación profesional na especialidade de cociña e repostaría.
Entre os participantes destacou o estudante do CPR Belarmino Fernández Iglesias, Alberto Acosta Mena, quen acadou o terceiro premio grazas á súa proposta composta por un Eclaire de chocolate e crema pasteleira de vainilla pura e unha Tarta de queixo do Cebreiro con redución de Pedro Ximénez. A súa elaboración cautivou o xurado, que valorou tanto a presentación como a técnica empregada na confección das sobremesas.
Para Acosta Mena, esta foi a súa primeira experiencia nun certame gastronómico deste tipo, un reto no que conseguiu un resultado destacado.•