As denominacións de orixe galegas promocionan o viño no Parlamento Europeo

A acción incluirá unha xornada e degustación de viños e produtos galegos en Bruxelas. Foto GPXG.

A Xunta, en colaboración cos consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas, preparará unha acción extraordinaria de promocion no Parlamento Europeo. A iniciativa, se prevé para a vindeira primavera. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuníronse en San Caetano con representantes dos consellos reguladores para concretar os detalles da xornada divulgativa. Durante o evento en Bruxelas, os presidentes das cinco DO exporán a situación actual do sector, abordando aspectos como a súa historia, identidade e principais retos ambientais, burocráticos e comerciais.
A xornada completarase cunha degustación de viños e outros produtos galegos de calidade diferenciada. A organización prevé convidar a representantes do sector vitivinícola e agrícola europeo, entre eles asociacións, empresas, funcionarios europeos, asesores, sindicatos e eurodeputados de distintos partidos e países.
Esta acción reforzarase con campañas de comunicación para aumentar a visibilidade dos viños galegos en redes sociais, medios de comunicación e na propia sede da Eurocámara.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A D.O. Ribeira Sacra debuta na Barcelona Wine Week

Seguinte Nova

Lucía Pérez presenta “Tanto”, un canto á honestidade e á fusión de culturas

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss