Celia Díaz presenta en Quiroga a súa novela “Todos Calan”

A autora xunto co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera na presentación do seu novo libro. Foto RTMQ.

O salón de actos Ánxel Fole, da Casa de Cultura de Quiroga, acolleu a presentación do novo libro de Celia Díaz, titulado “Todos Calan”. Ao acto asistiu o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, quen deu a benvida aos presentes e desexou moitos éxitos á autora co seu novo traballo. A presentación foi dirixida por Alejandro Del Pont, quen contou coa colaboración de Ramón Vila e Rosa Carrete, que leron varios capítulos da obra.
A novela, que se desenvolve en torno a tramas de crime, segredos familiares e traizóns, ten como un dos seus escenarios a Casa da Rodela, onde Díaz atopou inspiración para a súa historia. A autora, filla adoptiva de Quiroga, explicou que o libro permaneceu durante cinco anos agochado no seu ordenador, mentres seguía perfeccionando os seus personaxes. A trama transcorre nos anos cincuenta na Casa do Souto, cunha forte presenza feminina, con mulleres de distintas xeracións e pensamentos.
Durante o acto, Celia Díaz leu un dos capítulos do libro, que foi moi ben recibido polos asistentes. Ao final, os veciños que desexaron obtiveron a sinatura da autora e tiveron a oportunidade de intercambiar impresións sobre a obra.
Este evento supón unha nova achega cultural para Quiroga e un recoñecemento ao talento literario da súa veciña.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga renova a súa maquinaria para a limpeza e mantemento de camiños

Seguinte Nova

A conselleira María José Gómez visita a nova imprenta de Aida Marcos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss