
O Auditorio Municipal de Chantada acolleu a proxección do documental “El estigma del silencio”, nun acto promovido pola Asociación Stop Suicidio Galicia e co apoio do Concello. A iniciativa tivo como obxectivo visibilizar e poñer voz ao suicidio, un tema frecuentemente marxinado pola sociedade.
O documental presentou testemuños de sobreviventes, familiares e expertos en psiquiatría e psicoloxía. Tras a proxección, abriuse un espazo para o debate moderado por Miguel Vázquez Penas, presidente da asociación e veciño de Chantada. Vázquez explicou o labor que desenvolve Stop Suicidio Galicia desde a súa fundación hai cinco anos.
En España, suicídase unha persoa cada dúa horas e Lugo é a provincia con maior índice de suicidios. No encontro destacouse a crecente demanda de atención infantoxuvenil, ante a preocupación de pais e nais que non saben onde acudir. •