
O Concello da Pobra do Brollón organiza un ano máis o Concurso de Compadres e Comadres, que se celebrará os días 20 e 27 de febreiro. O certame premiará as mellores figuras segundo criterios de orixinalidade, temática e elaboración. Haberá premios de 50 euros na categoría individual e de 100 euros na colectiva, ademais de accésits de 20 euros. O prazo de inscrición finaliza o 19 de febreiro para Compadres e o 26 para Comadres.
A tradicional queima das figuras terá lugar ás 18:30 horas na Praza da Peza, con chocolatada para os asistentes. Os concursantes individuais deberán concentrarse diante da Casa do Concello para correr as figuras. Tamén se poderán enviar imaxes ao xurado vía WhatsApp. Ademais, os venres 14 e 21 de febreiro organizaranse obradoiros infantís de elaboración de figuras e caretas na Biblioteca municipal, con inscrición previa no 982 430 546.•