Curso gratuío de Prevención de Riscos Laborais para mellorar a empregabilidade

A formación, organizada por Acción Contra el Hambre, combina clases presenciais e online e está dirixida a persoas desempregadas das comarcas de Lemos e Chantada

Acción Contra el Hambre pon en marcha un Curso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción (PRL) para mellorar a empregabilidade nas comarcas de Lemos e Chantada. A formación é gratuíta, está certificada e homologada para traballar no sector da construción.
O curso ten unha duración total de 60 horas, das cales 20 serán presenciais na Escola Oficial de Idiomas de Monforte e 40 realizaranse en liña. As clases presenciais desenvolveranse os martes 11, 18 e 25 de marzo, e o 1 de abril, en horario de 09:05 a 14:00 horas. O primeiro día incluirá a presentación do profesorado e unha explicación do funcionamento da plataforma online. As 40 horas online serán en formato asíncrono, con tutorías e seguimento por parte da empresa formadora, debendo completarse antes do 1 de abril.
As prazas son limitadas e o prazo máximo de inscrición é o 27 de febreiro. Para participar, é necesario estar desempregado, ter o Darde actualizado e darse de alta no programa de Comunidades de Emprego e Emprendemento de Acción Contra el Hambre. A inscrición pode realizarse na web: https://forms.office.com/e/Yvmvqbnz9r.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberta a inscrición para cursos gratuítos de xoeiría, coiro e tecido

Seguinte Nova

En marcha a renovación o Plan xeral de normalización do galego

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss