Lucía Pérez presenta “Tanto”, un canto á honestidade e á fusión de culturas

Foto: Lucía Pérez

A cantante do Incio Lucía Pérez está de volta co seu novo sinxelo, “Tanto”, unha canción que reflicte a súa madurez artística e capacidade de fusionar diversas influencias culturais. Esta peza, que xa se atopa dispoñible nas principais plataformas dixitais e no seu canal de YouTube, é o adelanto dun álbum que promete ser unha das grandes sorpresas da súa carreira.
A canción, composta pola propia Lucía Pérez xunto ao artista emerxente G-Face e producida por Juan Guevara, é descrita pola cantante como “un abrazo entre culturas”. A artista expresa que “Tanto” é un “antoxo galego-mexicano” que reflicte a súa visión sobre o amor, a honestidade e a valentía para tomar decisións, aínda que estas sexan difíciles. Con máis de 20 anos de carreira e sete discos editados, Lucía Pérez continúa a sorprender aos seus seguidores e reafirmar a súa presenza no panorama musical.
A súa traxectoria inclúe, entre outros, a súa participación no Festival de Eurovisión en 2011 co tema “Que me quiten lo bailao”, un fito que marcó un antes e un despois na súa carreira. Tamén se destaca a súa colaboración con artistas internacionais, como o portugués Zé Amaro, co que gravou a canción “Tudo se paga”, un éxito en Portugal.
Con esta nova proposta, Lucía Pérez segue demostrando a súa versatilidade e o seu carisma, tanto no escenario como na súa participación en programas de televisión, consolidándose como unha das artistas máis queridas e recoñecidas de Galicia. A súa conexión con Portugal tamén se fortalece, xa que a cantante ten programada unha xira de concertos que percorrerá Galicia e o país veciño, ampliando a súa influencia e mostrando o seu talento ao mundo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As denominacións de orixe galegas promocionan o viño no Parlamento Europeo

Seguinte Nova

Prevese que en abril rematen os traballos de restauración do Convento da Mercé

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss