Maruja Mallo dará nome á rúa do colexio de Sober

Casa familiar do avó de Maruja Mallo na aldea de Naz. Foto GPCS.

O Concello de Sober acordou dedicarlle a rúa do colexio a Maruja Mallo, coincidindo co 30º aniversario do seu falecemento. A proposta, presentada pola Alcaldía, aprobouse por unanimidade no Pleno municipal celebrado esta semana e pretende visibilizar a vinculación da artista co municipio. A nova denominación da rúa busca recoñecer a traxectoria dunha das figuras máis destacadas da vangarda artística do século XX, cuxa familia materna era orixinaria de Sober.
Maruja Mallo, nacida en Viveiro en 1902 como Ana María Gómez González, tivo fortes raíces en San Martiño de Anllo. O seu avó, José González, coñecido como Pepito, foi ferreiro na aldea de Naz antes de trasladarse a Vigo, onde a súa filla, María González Lorenzo, contraeu matrimonio con Justo José Gómez Mallo. Froito desa unión naceu Maruja Mallo, quen acabaría converténdose nunha referencia da arte surrealista.
Co gallo desta homenaxe, o Concello de Sober organiza un acto no que participará o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. No evento, especialistas na obra e legado da pintora abordarán a súa influencia no movemento artístico da Xeración do 27 e a súa achega á arte contemporánea.
Ademais, instalarase unha placa conmemorativa na rúa colexial, que levará oficialmente o nome de Maruja Mallo. A súa inauguración está prevista no Mes do Amandi, enmarcándose nas actividades culturais do Concello. O alcalde, Luis Fernández Guitián, destacou que con esta iniciativa se honra a memoria dunha artista de proxección internacional, cunha obra marcada pola experimentación e o simbolismo.
Mallo desenvolveu unha produción artística influída polo surrealismo e a Nova Obxectividade, cores vivas e referencias á cultura popular. A súa obra, viuse interrompida polo exilio tras a Guerra Civil, mais recuperou notoriedade tralo seu regreso a España, sendo reivindicada como unha creadora esencial da modernidade artística.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Gran acollida na inauguración da exposición «Patitas y Punteras»

Seguinte Nova

Alberto Acosta Mena, terceiro no I Concurso de Panadaría e Pastelaría Memorial Eneas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss