Novas axudas para fomentar a incorporación da mocidade ao agro galego

Priorizaranse os plans de mellora para mozos que se inician na actividade agraria

Co esta iniciativa darase prioridade ás persoas mozas que soliciten incorporación ou que, tendo axuda xa aprobada, non dispoñan polo de agora de plan de mellora, para que así poidan levar adiante o seu proxecto. Foto Envato

A Xunta de Galicia convocará en breve novas axudas para fomentar a incorporación de mozos ao sector agrario, incluíndo plans de mellora vinculados ás novas incorporacións. A medida busca dar prioridade ás persoas mozas que soliciten a súa incorporación ou que, contando xa cunha axuda aprobada, non dispoñen aínda dun plan de mellora, facilitándolles as ferramentas necesarias para desenvolver os seus proxectos no rural galego.
Este anuncio foi realizado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante a súa visita á gandaría Ramas SC en Trazo, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e pola alcaldesa da localidade, Josefina Suárez. Durante o acto, a conselleira destacou o compromiso da Xunta coa remuda xeracional no agro galego, explicando que na última convocatoria aprobáronse todas as solicitudes presentadas por persoas mozas, sumando un total de 302 expedientes. Con todo, en algús casos non se puido aprobar o plan de mellora asociado á incorporación, aspecto que se pretende corrixir nesta nova convocatoria.
A conselleira subliñou que estas axudas forman parte do plan de remuda que impulsa a Consellería do Medio Rural, complementado por outras iniciativas como o Banco de Explotacións, que está en fase final de implementación, e os programas de titorización, deseñados para apoiar e guiar aos mozos nos seus primeiros pasos no sector.

COMPROMISO CO DESENVOLVEMENTO RURAL
María José Gómez destacou que as axudas para a incorporación de mozos e os investimentos en explotacións son unha «prioridade» para a Xunta. Neste sentido, sinalou que o goberno galego asume con fondos propios o 28% do financiamento dos plans de mellora, o que evidencia o seu compromiso co desenvolvemento do rural.
Durante a visita á gandaría, a conselleira lembrou algúns datos relevantes da última convocatoria, publicada recentemente no Diario Oficial de Galicia. Segundo detallou, apoiaranse a mellora de ata 370 explotacións e a incorporación de 320 mozos menores de 40 anos, así como de 133 novos agricultores de entre 41 e 55 anos.
No que respecta ao balance das subvencións nos últimos anos, Gómez indicou que, entre 2016 e 2024, aprobáronse máis de 9.000 expedientes por un importe que supera os 369 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os pequenos poetas de Monforte reciben os premios do Concurso de Poesía de Nadal

Seguinte Nova

A boa acollida do «Renova o teu vehículo» esgota máis da metade do orzamento en dúas semanas

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss