O meu primeiro Xeolodía deu o pistoletazo de saída ao programa de actividades do Xeoparque Montañas do Courel 2025

O meu primeiro Xeolodía, contou coa comunidade educativa do CEIP de San Clodio, CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, CEIP de Quiroga e IES de Quiroga. Foto GPXMC.

O Xeoparque Montañas do Courel deu comezo á súa programación anual de actividades co evento O meu primeiro Xeolodía, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO dos catro centros educativos do territorio. A actividade, organizada polo equipo do Xeoparque e a Sociedad Geológica de España, tivo lugar na aldea de Seceda e consistiu en obradoiros nos que os mozos e mozas deron resposta a un dos grandes enigmas xeolóxicos das Montañas do Courel.
Con este inicio, arranca un ano cheo de actividades, entre as que destacan as populares “Xeorrutas”, que se celebrarán mensualmente desde febreiro ata novembro. Tamén se incluíron propostas para colectivos concretos, como as actividades orientadas á comunidade educativa local, así como eventos de especial relevancia, como as Xornadas da Real Sociedad Española de Historia Natural.
Ao longo do ano, haberá tres grandes períodos de actividade. O primeiro coincidirá coa Semana Santa, cando se celebrarán as rutas temáticas “XeoBús”, cun autobús que percorrerá as principais poboacións do territorio, levando aos participantes a rutas dedicadas ás Aldeas Paleozoicas, as fervenzas, a minaría aurífera romana, os Xeomiradoiros e a Devesa da Rogueira.
En maio e xuño, o Xeoparque acollerá a “Semana dos Xeoparques Europeos”, que incluirá actividades para toda a comunidade educativa, como o “Xeopícaros”, e rutas sobre os océanos paleozoicos. O programa de actividades rematará cunha serie de Xeorrutas dedicadas á xeoloxía baixo a Devesa da Rogueira e ao ferro, que se celebrarán durante o tradicional “Outono Xeolóxico”.
Ademais, o Xeoparque promoverá eventos gastronómicos baixo o lema “Os sabores das nosas rochas”, centrados nos produtos locais como o aceite, a castaña, o viño, o mel e a cereixa, en colaboración cos concellos da comarca. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mellora da eficiencia enerxética na Casa da Cultura de Monforte

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo abre o prazo de inscrición para as rutas fluviais da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss